Ver fotos e vídeos no Álbum
Use o Álbum para ver fotos e reproducir vídeos tomados coa cámara do seu teléfono,
ou para ver contido similar descargado ou copiado na tarxeta de memoria. Pode
engadir xeoetiquetas nas súas fotos e vídeos, e velas nun mapa mundial. No Álbum
tamén pode ver as fotos e os vídeos que cargara a un servizo en liña, por exemplo, a
un álbum web de Picasa™ ou a Facebook™.
Desde o Álbum tamén pode compartir as súas fotos e vídeos preferidos con amigos
con axuda da tecnoloxía sen fíos Bluetooth™, correo electrónico, mensaxería ou
outros servizos en liña. Ademais, pode realizar tarefas básicas de edición nas fotos e
axustalas como fondo ou imaxe de contactos. Se desexa obter máis información,
consulte Conectar o teléfono a un ordenador na páxina 95.
Descrición xeral do separador Álbum
Os seguintes separadores están dispoñibles en Álbum:
•
Imaxes
– ver todas as fotos e vídeos gardados na tarxeta de memoria.
•
Mapas
– ver todas as fotos e videoclips xeoetiquetados nun mapa mundial.
•
En liña
– ver os seus álbums en liña.
Para abrir Álbum
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Álbum.
Se a orientación da pantalla non cambia automaticamente cando inclina o teléfono cara a un
lado, marque a caixa de verificación Xirar automaticam. a pantalla en Axustes > Pantalla.