
Visualización das súas fotos nun mapa
Se activa a detección de localización ao tirar fotos, pode usar a información reunida
máis tarde. Por exemplo, pode ver as súas fotos nun mapa e amosar aos seus
amigos e a familia onde estivo cando tirou a foto. Engadir información sobre a
localización tamén se coñece como xeoetiquetar. Cando activa a detección de
localización, pode seleccionar se usar os satélites GPS ou as redes sen fíos, ou
ambos, para localizar a súa posición.
Descrición xeral do separador Mapas
1
O número de fotos e vídeos xeoetiquetados.
2
Dobre toque para ampliar. Toque para afastar. Arrastre para ver diferentes partes do mapa.
3
Un grupo de fotos e/ou vídeos xeoetiquetados coa mesma localización.
4
Miniaturas do grupo de fotos e/ou vídeos seleccionados. Pulse nun elemento para velo a pantalla
completa.
5
Busque unha localización no mapa.
6
Cambia a vista global.
Para activar a detección de localización
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Servizos de localización.
3
Marque as caixas de verificación Satélites GPS e/ou Servizo de localiz. de
.
80
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para ver fotos xeoetiquetadas nun mapa no Álbum
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Álbum > Mapas.
3
Pulse nunha foto para vela a pantalla completa.
4
Se se tomaron varias fotos na mesma localización, só aparecerá unha delas no
mapa. O número total de fotos aparece na esquina superior dereita, por
exemplo, . Para ver estas fotos, pulse na primeira foto e despois pulse unha
das miniaturas na parte inferior da pantalla.
Mentres está a ver unha foto xeoetiquetada no visor de fotos, pode tocar a pantalla para
amosar as barras de ferramentas, entón pulse para ver a foto no mapa.
Para engadir unha xeoetiqueta ao ver o mapa no Álbum
1
Cando estea a ver o mapa no Álbum, prema , despois pulse Engadir
xeoetiqueta
.
2
Localice e pulse na foto na que desexa engadir a xeoetiqueta.
3
Pulse a localización desexada no mapa para establecer a xeoetiqueta, despois
pulse Acept..
Para editar a xeoetiqueta dunha foto no Álbum
1
Cando estea a ver unha foto no mapa do Álbum, toque e manteña a foto ata
que o marco se torne azul.
2
Arrastre a foto ata a nova localización.
Tamén pode pulsar a localización desexada no mapa en lugar de arrastrala.
Para cambiar a vista do mapa no Álbum
•
Cando estea a ver o mapa no Álbum, prema , despois seleccione Vista clásica ou
Vista por satélite
.