Acerca da música
Obteña o máximo proveito do seu reprodutor Walkman™. Escoite e organice a
música, os audiolibros e os podcasts transferidos á súa tarxeta de memoria desde un
ordenador, ou mercados e descargados desde tendas en liña.
Para facer o contido máis facilmente dispoñible, pode usar a aplicación Media Go™.
Media Go™ axúdalle a transferir contido de música entre un ordenador e un teléfono.
Para obter máis información, consulte Conectar o teléfono a un ordenador
na páxina 95.
Descrición da aplicación "WALKMAN"
1
Permite examinar a música almacenada na súa tarxeta de memoria
2
Procurar todas as pistas gardadas no almacenamento interno do seu teléfono
3
Pulse o botón infinito para localizar información relacionada en liña e complementos en Google
Play™
4
Portada do álbum (se está dispoñible)
5
Ir á pista seguinte na cola de reprodución actual ou avanzar rápido
6
Lonxitude do tempo total da pista
7
Tempo transcorrido da pista actual
8
Indicador de progreso – arrastre o indicador ou pulse ao longo da liña para avanzar ou retroceder
rápido
9
Botón de reprodución/pausa
10 Ir á pista anterior na cola de reprodución actual ou rebobinar