
Listas de reprodución
O reprodutor Walkman™ crea automaticamente listas de reprodución intelixentes no
separador de listas de reprodución na biblioteca de son Walkman™. Tamén pode
crear as súas propias listas de reprodución desde a música gardada na tarxeta de
memoria do seu teléfono.
Ademais, pode instalar a aplicación Media Go™ nun ordenador e usala para copiar
listas de reprodución desde o ordenador ata a tarxeta de memoria do seu teléfono.Se
desexa obter máis información, consulte Conectar o teléfono a un ordenador na
páxina 95.
Para crear as súas propias listas de reprodución
1
No reprodutor Walkman™, pulse A MIÑA MÚSICA.
2
Para engadir un intérprete, álbum ou unha pista a unha lista de reprodución,
toque e manteña o nome do intérprete ou o título do álbum ou da pista.
3
No menú que se abre, pulse Engadir á lista de reprod. > Crear nova lista de
reprod.
.
4
Introduza un nome para a lista de reprodución e pulse Acept..
Para engadir pistas a unha lista de reprodución
1
Cando navegue pola biblioteca do reprodutor Walkman™, toque e manteña o
nome do intérprete ou o título do álbum ou a pista que desexe engadir.
2
Pulse Engadir á lista de reprod..
3
Pulse no nome da lista de reprodución á que desexa engadir o artista, álbum
ou pista. O artista, álbum ou pista engádese á lista de reprodución.
62
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para reproducir as súas propias listas de reprodución
1
No reprodutor WALKMAN, pulse A MIÑA MÚSICA.
2
Pulse .
3
En Listas de reprod. pulse unha lista de reprodución.
4
Pulse unha pista para reproducila.
Para eliminar unha pista dunha lista de reprodución
1
Nunha lista de reprodución, toque e manteña premido o título da pista que
desexe eliminar.
2
Pulse Eliminar da lista de reprod..
Para eliminar unha lista de reprodución
1
No reprodutor Walkman™, pulse A MIÑA MÚSICA e logo seleccione Listas de
reprod.
.
2
Toque e manteña a lista de reprodución que desexe eliminar.
3
Pulse Eliminar.
4
Pulse Eliminar de novo para confirmar.
Non pode eliminar as listas de reprodución predeterminadas.