
Usar o reprodutor WALKMAN
Para reproducir contido de son
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .
2
Pulse A MIÑA MÚSICA para abrir a biblioteca de música.
3
Seleccione unha categoría de música e navegue ata a pista que desexe abrir.
4
Pulse unha pista para reproducila.
Para cambiar de pista
•
Durante a reprodución dunha pista, pulse ou .
•
Durante a reprodución dunha pista, mova a portada cara á dereita ou a
esquerda.
Para facer unha pausa nunha pista
•
No reprodutor WALKMAN, pulse .
Para avanzar rápido e rebobinar música
•
No reprodutor WALKMAN, toque e manteña premido ou .
Tamén pode arrastrar o marcador do indicador de progreso cara á dereita ou á esquerda.
Para axustar o volume do son
•
Cando o reprodutor WALKMAN está a reproducir unha pista, prema a tecla de
volume.
Para mellorar a calidade do son co ecualizador
1
Cando o reprodutor Walkman™ estea aberto, prema .
2
Pulse Melloras de son.
3
Se desexa axustar o son de xeito manual, arrastre os botóns de banda das
frecuencias cara arriba ou abaixo. Se prefire axustar o son de xeito automático,
pulse e seleccione un estilo.
Para activar o son envolvente
1
Cando o reprodutor Walkman™ estea aberto, prema .
2
Pulse Melloras de son > > Máis > Son envolvente para auriculares.
3
Seleccione un axuste.
4
Pulse Aceptar.
Para ver a cola de reprodución actual
•
Durante a reprodución dunha pista co reprodutor WALKMAN, pulse nunha
portada do álbum e despois pulse .
Para minimizar o reprodutor WALKMAN
•
Cando o reprodutor WALKMAN estea funcionando, prema para ir á pantalla
anterior ou prema para ir á Pantalla de inicio. O reprodutor WALKMAN
segue coa reprodución nun segundo plano.
Para volver ao reprodutor WALKMAN cando está funcionando en segundo plano
1
Cando unha pista se está a reproducir nun segundo plano, arrastre a barra de
estado cara abaixo para abrir o panel de notificacións.
2
Pulse no título da pista para abrir o reprodutor WALKMAN.
Tamén pode manter premido e entón pulsar para volver ao reprodutor WALKMAN.
Para eliminar unha pista
1
Abra a biblioteca do reprodutor Walkman™ e navegue ata a pista que desexa
eliminar.
2
Toque e manteña o título da pista, despois pulse Eliminar.
Tamén pode eliminar álbums deste xeito.
59
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para compartir unha pista
1
Cando navegue polas pistas na biblioteca do reprodutor WALKMAN, toque e
manteña premido un título de pista.
2
Pulse Enviar.
3
Seleccione un método de transferencia dispoñible e siga as instrucións en
pantalla.
Tamén pode compartir álbums e listas de reprodución deste xeito.
É posible que non poida copiar, enviar ou transferir elementos protexidos con dereitos de
autor.
Para recomendar unha pista en Facebook™
1
Durante a reprodución dunha pista co reprodutor Walkman™, pulse nunha
portada.
2
Pulse para que aparezca "Gústame" na pista en Facebook™. Se o desexa,
engada un comentario no campo de comentarios.
3
Pulse Compartir para enviar a pista a Facebook™. Se a pista se recibe
correctamente, obterá unha mensaxe de confirmación de Facebook™.