Sony Xperia E - Actualización do teléfono

background image

Actualización do teléfono

Actualice o teléfono á versión de software máis recente para obter un rendemento

óptimo e as últimas melloras.
Pode usar a aplicación Centro de actualizacións no teléfono para executar unha

actualización sen fíos ou a aplicación PC Companion nun equipo para executar unha

actualización usando unha conexión por cable USB. Se executa a actualización sen
fíos, pode usar unha conexión a unha rede móbil ou Wi-Fi

®

. Asegúrese de facer unha

copia de seguridade e de gardar todos os datos que contén o teléfono antes de

executar a actualización.

Se executa unha actualización usando a aplicación Centro de actualizacións, establécese

unha conexión de datos e é posible que isto xere un custo adicional. Ademais, a

dispoñibilidade de actualizacións mediante a rede móbil depende do seu operador. Contacte

co seu operador de rede para obter máis información.

Actualizar o teléfono sen fíos

Use a aplicación do centro de actualizacións para actualizar o seu teléfono sen fíos.

Pode descargar actualizacións de software manualmente ou pode permitir ao servicio

de actualizacións que actualice o seu teléfono de xeito automático en canto as

descargas estean dispoñibles. Cando a característica de descarga automática estea

activada, aparece unha notificación na barra de estado cada vez que hai unha

actualización dispoñible.

Para descargar actualizacións de software manualmente desde o Centro de

actualizacións

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Update Center.

3

Seleccione a actualización de aplicación ou do sistema que desexe e pulse

Descargar

, ou pulse Act. todo para descargar todas as actualizacións de

aplicacións.

As actualizacións das aplicacións se executan de xeito automático despois de descargarse.

Cando descargue actualizacións do sistema, agarde a que o teléfono se reinicie e, a

continuación, instale a actualización manualmente. Recorde que poden producirse custos de

conexión de datos ao descargar actualizacións mediante redes 3G/móbiles.

Para activar actualizacións de software automáticas desde o Centro de

actualizacións

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Update Center.

3

Prema e logo pulse Axustes.

4

Pulse Permitir descargas automáticas e seleccione se desexa descargar as
actualizacións a través das redes 3G e Wi-Fi

®

ou só a través das redes Wi-Fi

®

.

Agora as actualizacións descargaranse automaticamente en canto estean

dispoñibles.

Poden producirse custos de conexión de datos ao descargar actualizacións mediante redes

3G/móbiles.

Para instalar as actualizacións do sistema

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Update Center.

3

Seleccione unha actualización de sistema que desexe instalar, entón pulse

Instalar

.

107

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Actualización do teléfono usando unha conexión con cable USB

Algunhas actualizacións non están dispoñibles para a descarga mediante unha

conexión sen fíos. A barra de estado infórmalle mediante notificacións da

dispoñibilidade destas actualizacións. Para descargar e executar as actualizacións,

cómpre ter un cable USB e un ordenador coa aplicación PC Companion. Pode

instalar PC Companion no ordenador usando os ficheiros de instalación gardados no

seu teléfono ou pode descargar a aplicación directamente desde

PC Companion.

Para descargar a aplicación PC Companion desde o seu teléfono

1

Conecte o teléfono a un ordenador utilizando un cable USB.

2

Cando se lle pida, siga as instrucións no teléfono para iniciar a instalación de

PC Companion no ordenador.

PC Companion tamén se pode descargar desde

PC Companion

.

Para descargar actualizacións de software utilizando unha conexión de cable USB

1

Instale a aplicación PC Companion no ordenador que use se non está xa

instalada.

2

Conecte o teléfono ao ordenador usando un cable USB.

3

Ordenador

: inicie a aplicación PC Companion. Despois duns intres, PC

Companion detecta o seu teléfono e procura software para o novo teléfono.

4

Teléfono

: Cando aparezan notificacións na barra de estado, siga as instrucións

da pantalla para efectuar as actualizacións de software pertinentes.

Para actualizar o teléfono usando un ordenador Mac® de Apple®

1

Instale a aplicación Bridge para Mac no ordenador Mac

®

de Apple

®

que está a

usar, se aínda non está instalada.

2

Usando un cable USB, conecte o teléfono ao ordenador Mac

®

de Apple

®

.

3

Ordenador

: Inicie a aplicación Bridge para Mac. Pasados uns intres, Bridge

para Mac detecta o teléfono e procura software novo para ese teléfono.

4

Ordenador

: Se se atopa unha nova actualización de software para o teléfono,

amósase unha ventá emerxente. Siga as instrucións en pantalla para realizar

as actualizacións de software correspondentes.

Pode descargar a aplicación Bridge para Mac en

Bridge for mac

.