
Axustes da cámara fotográfica
Para axustar a configuración da cámara fixa
1
Active a cámara.
2
Se a cámara fixa non está seleccionada, arrastre a .
3
Pulse nunha das iconas de axustes que aparece cara á esquerda na pantalla.
4
Para ver todos os axustes, prema .
5
Seleccione o axuste que queira axustar e edíteo como desexe.
Para personalizar o panel de axustes da cámara fixa
1
Coa cámara aberta, prema para amosar todos os axustes.
2
Toque e manteña o axuste que desexe mover e arrástreo ata a posición que
desexe.
Se arrastra o axuste fóra do panel de axustes, o cambio cancélase.
Descrición xeral dos axustes da cámara fixa
Escenas
Use a característica Escenas para axustar rapidamente a cámara a situacións
habituais usando escenas programadas previamente. A cámara determina algúns
axustes para axeitarse á escena seleccionada e garantir a obtención da mellor foto
posible.
Desactivado
A característica Escenas está desactivada e as fotos se poden tomar de xeito manual.
Escena nocturna
Utilíceo para tirar fotos pola noite ou en situacións de pouca iluminación. Por mor do tempo de
exposición prolongado, cómpre que a cámara se manteña quieta ou se sitúe nunha superficie
estable.
Deporte
Utilíceo para fotos de obxectos en movemento rápido. Un tempo de exposición curto minimiza o
aspecto borroso da imaxe causado polo movemento.
Valor da exposición
Determine a cantidade de luz na foto que quere tirar. Un valor máis alto indica un aumento na
cantidade de luz.
Balance de brancos
A configuración do balance de brancos axusta o equilibrio de cor segundo as
condicións de iluminación.
Automático
Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.
Incandescente
Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.
71
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Fluorescente
Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.
Sol
Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.
Nubrado
Axusta o balance de cor para os ceos nubrados.
Disparador automático.
Co temporizador pódense sacar fotos sen necesidade de suxeitar o teléfono. Use
esta función para facer autorretratos ou fotos de grupo nas que todos desexen saír na
foto. Tamén pode utilizar o disparador automático para evitar mover a cámara ao
facer fotos.
Activado (10 s.)
Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara
ata que se tira a foto.
Activado (2 s.)
Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara
ata que se tira a foto.
Desactivado
A foto tírase en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Xeoetiquetado
Etiquete fotos cos detalles do lugar onde se tiraron.
Activado
Cando está activado o xeoetiquetado, a localización xeográfica aproximada engádese ás fotos que
tira. Para utilizar a xeoetiquetaxe tamén debe activar as características de localización no menú
Configuración
. Para engadir xeoetiquetas a unha foto, cómpre determinar a localización antes de
tirar a foto. A localización está determinada cando aparece na pantalla da cámara. Cando o
dispositivo estea a procurar a súa posición, aparece .
Desactivado
Cando o xeoetiquetado está desactivado, non pode ver a localización na que está a tirar unha foto.
Método de captura
Seleccione o método a usar para tirar fotos.
Botón en pantalla
Tirar unha foto pulsando o botón en pantalla da cámara. A foto tírase en canto levanta o dedo.
Captura táctil
Identifique unha zona de enfoque concreta tocando a pantalla da cámara co dedo. A foto tírase en
canto levanta o dedo. Isto se aplica só cando o modo de enfoque está establecido en enfoque ao
tocar.
Só coa tecla da cámara
Tirar unha foto usando só a tecla da cámara. A foto tírase en canto levanta o
dedo.