
Axustes da videocámara
Para axustar a configuración da videocámara
1
Active a cámara.
2
Se a vídeocámara non está seleccionada, arrastre a .
3
Pulse nunha das iconas de axustes que aparece cara á esquerda na pantalla.
4
Para ver todos os axustes, prema .
5
Seleccione o axuste que queira axustar e faga os seus cambios.
Para personalizar o panel de axustes da videocámara
1
Coa videocámara aberta, prema para amosar todos os axustes.
2
Toque e manteña o axuste que desexe mover e arrástreo ata a posición que
desexe.
Se arrastra o axuste fóra do panel de axustes, o cambio cancélase.
73
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Descrición xeral dos axustes da videocámara
Escenas
A característica Escenas axúdalle a axustar de forma rápida a cámara para as
situacións habituais usando escenas programadas previamente. A cámara determina
algúns axustes para axeitarse á escena seleccionada e garantir a obtención do mellor
vídeo posible.
Desactivado
A característica Escenas está desactivada e pode gravar vídeos de xeito manual.
Escena nocturna
Cando está activado, a sensibilidade da luz aumenta. Úseo en ambientes con pouca iluminación. Os
vídeos con obxectos que se moven rapidamente poden verse desenfocados. Manteña a man con
firmeza ou ben use un soporte. Desactive o modo noite cando as condicións de iluminación sexan
boas para aumentar a calidade do vídeo.
Deporte
Úseo para vídeos de obxectos en movemento rápido. Un tempo de exposición curto minimiza o
aspecto borroso da imaxe causado polo movemento.
Valor da exposición
Este axuste permítelle determinar a cantidade de luz na imaxe que captura. Un valor máis alto indica
un aumento na cantidade de luz.
Balance de brancos
A configuración do balance de brancos axusta o equilibrio de cor segundo as
condicións de iluminación.
Automático
Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.
Incandescente
Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.
Fluorescente
Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.
Sol
Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.
Nubrado
Axusta o balance de cor para os ceos nubrados.
Disparador automático
Co temporizador pode gravar vídeos sen necesidade de suxeitar o teléfono. Úseo
para gravar vídeos en grupo nos que todo o mundo desexa aparecer. Tamén pode
usar o temporizador para evitar mover a cámara ao gravar vídeos.
Activado (10 s.)
Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara
ata que comeza a gravarse o vídeo.
Activado (2 s.)
Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara
ata que comeza a gravarse o vídeo.
Desactivado
O vídeo comeza a gravarse en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Método de captura
Seleccione o método a usar para gravar un vídeo.
Botón en pantalla
Grave un vídeo usando o botón da pantalla da cámara.
74
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Captura táctil
Identifique unha zona de enfoque concreta tocando a pantalla da cámara co dedo.
Só coa tecla da cámara
Grave un vídeo só usando a tecla da propia cámara.
Micrófono
Permite seleccionar se desexa recoller o son de arredor durante a gravación de
vídeos.
Son de foto
Escolla activar ou desactivar o son ao gravar un vídeo.
75
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.