
Engadir a posición xeográfica ás súas fotos
Active a xeoetiquetaxe para engadir a localización xeográfica aproximada (unha
xeoetiqueta) ás fotos cando as tire. A localización xeográfica determínase polas redes
sen fíos (redes móbiles ou Wi-Fi®) ou pola tecnoloxía GPS.
Cando apareza na pantalla da cámara, a xeoetiquetaxe está activada pero a
posición xeográfica non se atopou. Cando apareza , a xeoetiquetaxe está activada e
a localización xeográfica está dispoñible, polo que a súa foto pode xeoetiquetarse. Se
non aparece ningún destes dous símbolos, a xeoetiquetaxe está desactivada.
70
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para activar a xeoetiquetaxe
1
Active a cámara.
2
Se a cámara fixa non está seleccionada, arrastre a .
3
Prema e, a continuación, pulse Xeoetiquetado > Activado.
4
Pulse Acept. para aceptar a activación das redes sen fíos ou GPS.
5
Marque as opcións que desexe seleccionar en Servizos de localización.
6
Despois de confirmar os axustes, prema para volver á pantalla da cámara.
7
Se aparece na pantalla da cámara, a súa localización está dispoñible e a foto
pode xeoetiquetarse. Se non, comprobe o seu GPS e/ou conexión de rede sen
fíos.