Tomar fotos coa cámara fixa
Hai tres modos de tirar fotos coa cámara fixa. Pode premer a tecla da cámara, pulsar
o botón da cámara en pantalla ou tocar nun punto da pantalla.
Para abrir a cámara
•
Cando a pantalla estea activa, manteña premida a tecla da cámara.
Para pechar a cámara
•
Prema desde a pantalla principal da cámara.
Para tirar unha foto usando a tecla da cámara
1
Active a cámara.
2
Se a cámara fixa non está seleccionada, arrastre a .
3
Prema a tecla da cámara.
Para tirar unha foto ao pulsar no botón en pantalla
1
Active a cámara.
2
Se a cámara fixa non está seleccionada, arrastre a .
3
Para ver todos os axustes, prema .
4
Pulse Método de captura e seleccione Botón en pantalla se aínda non está
seleccionado.
5
Apunte coa cámara cara ó asunto.
6
Pulse no botón en pantalla . A foto tírase en canto levanta o dedo.
Para usar a función de zoom
•
Coa cámara aberta, prema a tecla de volume cara a arriba ou cara a abaixo
para aumentar ou reducir o zoom.
Para ver as súas fotos e vídeos
1
Abra a cámara, entón pulse nunha miniatura na parte inferior da pantalla para
abrir unha foto ou vídeo.
2
Toque lixeiramente cara á esquerda ou á dereita para ver as súas fotos e
vídeos. Os vídeos identifícanse con .
No paso 1, tamén pode tocar lixeiramente nas miniaturas cara á esquerda ou á dereita e
entón seleccionar a que desexe ver.
Para eliminar unha foto
1
Abra a foto que desexe eliminar.
2
Pulse a pantalla para que apareza .
3
Pulse .
4
Pulse ACEPTAR para confirmar.