Calendario e espertador
Calendario
Sobre o calendario
O teléfono ten un calendario para xestionar a planificación do seu tempo. Se dispón
dunha conta Google™, tamén pode sincronizar o calendario do seu teléfono co seu
calendario web. Consulte Sincronización do seu correo electrónico corporativo,
calendario e contactos
na páxina 99.
Para establecer a vista do calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse
Calendario
.
2
Prema e seleccione unha opción.
Para ver múltiples calendarios
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse
Calendario
.
2
Prema e, a continuación, pulse Máis > Os meus calend..
3
Pulse para seleccionar os calendarios que desexa ver.
Para crear un evento de calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse , e logo pulse Calendario.
2
Prema e logo pulse Novo evento.
3
Introduza o nome, a hora, a localización e a descrición do evento.
4
Se o desexa, seleccione outra opción en Repetición.
5
Seleccione un recordatorio para o evento. Para engadir un novo recordatorio
para o evento, pulse .
6
Pulse Gardar.
Ao achegarse a hora da cita, o teléfono reproduce un breve son para recordarllo. Ademais,
aparece na barra de estado.
Para ver un evento de calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse , e logo pulse Calendario.
2
Pulse o evento que desexe ver.
Para cambiar os axustes do calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse , e logo pulse Calendario.
2
Prema e, a continuación, pulse Máis > Configuración.
3
Pulse para abrir o axuste que queira modificar e edíteo como desexe.