
Axustes de chamadas
Restrición de chamadas
Pode restrinxir todas as chamadas entrantes e saíntes ou só determinadas categorías
das mesmas. Cando active por primeira vez a función de restrición de chamadas,
deberá introducir o seu PUK (Personal Unblocking Key, Clave Persoal de
Desbloqueo) e, a continuación, un novo contrasinal.
Para restrinxir chamadas entrantes ou saíntes
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Bloqueo de chamada.
3
Seleccione unha opción.
4
Introduza o contrasinal e pulse Activar.
Rexeitar unha chamada cunha mensaxe
Pode rexeitar unha chamada cunha mensaxe predefinida. Cando rexeita unha
chamada cunha mensaxe, a mensaxe se envía de xeito automático ao emisor da
chamada e se garda no seu teléfono.
Hai seis mensaxes predefinidas no seu teléfono. Pode seleccionar entre estas
mensaxes predefinidas e tamén pode editalas se é preciso.
Para rexeitar unha chamada cunha mensaxe predefinida
•
Arrastre Rexeitar con mensaxe cara arriba, despois seleccione unha mensaxe.
Para rexeitar unha segunda chamada cunha mensaxe predefinida
•
Cando escoite repetidos tons de aviso durante unha chamada, arrastre
Rexeitar con mensaxe
cara arriba, despois seleccione unha mensaxe.
Para editar a mensaxe usada para rexeitar unha chamada
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Rexeitar chamada con
mens.
.
3
Pulse na mensaxe que desexe editar e faga os cambios que precise.
4
Cando remate, pulse Aceptar.
Reenviar chamadas
Pode reenviar chamadas, por exemplo, a outro número de teléfono ou a un servizo de
contestador automático.
Para reenviar chamadas
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Desvío de chamadas.
3
Seleccione unha opción.
4
Introduza o número ao que desexa reenviar as chamadas e pulse Activar.
42
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para desactivar o reenvío de chamadas
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Desvío de chamadas.
3
Seleccione unha opción e despois pulse Desactivar.
Amosar ou ocultar o número de teléfono
Pode seleccionar que se amose ou oculte o seu número de teléfono nos dispositivos
dos destinatarios das súas chamadas.
Para amosar ou ocultar o número de teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Axustes adicionais > ID do
emisor de cham.
.
Números de marcación fixa
Se recibiu un código PIN2 do seu fornecedor de servizos, pode usar unha lista de
Números de marcación fixa (NMF) para restrinxir as chamadas saíntes.
Para activar ou desactivar a marcación fixa
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Números de marc. fixa.
3
Pulse Activar marcación fixa ou Desactivar marc. fixa.
4
Introduza o PIN2 e pulse Aceptar.
Para acceder á lista de destinatarios de chamadas aceptadas
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Números de marc. fixa >
Números de marc. fixa
.
43
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.