
Xestionar chamadas
É posible usar dúas tarxetas SIM e cambiar de unha á outra segundo se desexe. Ao
usar unha tarxeta SIM para xestionar chamadas, a outra tarxeta SIM desactívase
automaticamente.
Pode facer unha chamada marcando manualmente un número de teléfono, pulsando
un número gardado na lista de contactos do teléfono ou pulsando no número de
teléfono no seu rexistro de chamadas. Tamén pode usar a característica de
marcación intelixente para localizar rapidamente números desde a súa lista de
contactos e rexistro de chamadas.
Para realizar unha chamada marcando o número
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono.
3
Insira o número do destinatario e pulse Chamar. Para eliminar un número,
pulse .
Para finalizar unha chamada
•
Pulse .
Para facer unha chamada internacional
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono.
3
Toque e manteña a tecla 0 ata que apareza un signo “+”.
4
Introduza o código de país, o prefixo de área (sen incluír o primeiro 0) e o
número de teléfono e pulse Chamar.
Para contestar unha chamada
•
Arrastre cara á dereita pola pantalla.
Se utiliza auriculares normais sen micrófono, debe desconectalos do conector de auriculares
para poder contestar a chamada.
39
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para declinar unha chamada
•
Arrastre cara á esquerda pola pantalla.
Para rexeitar unha segunda chamada
•
Se escoita tons de aviso repetidamente durante unha chamada, arrastre
pola pantalla.
Para cambiar o volume do auricular do teléfono durante unha chamada
•
Prema a tecla de volume cara arriba ou cara a abaixo.
Para activar o altofalante durante unha chamada
•
Pulse .
Para silenciar o micrófono durante unha chamada
•
Pulse .
Para activar a pantalla durante unha chamada
•
Prema .
Para inserir números durante unha chamada
1
Durante unha chamada pulse . Aparece un teclado numérico.
2
Insira os números.
Para silenciar o ton de chamada dunha chamada entrante
•
Cando reciba a chamada, prema a tecla de volume.
Chamadas recentes
No rexistro de chamadas pode ver as chamadas perdidas , recibidas e os
números marcados .
Para ver as súas chamadas perdidas
1
Cando ten unha chamada perdida, aparece na barra de estado. Arrastre a
barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse Chamada perdida.
Para chamar a un número desde o seu rexistro de chamadas
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono. A vista de rexistro de chamada aparece na parte
superior da pantalla.
3
Para chamar a un número directamente, pulse o número. Para editar un
número antes de chamar, toque e manteña o número desexado e despois
pulse Editar número antes de chamar.
Tamén pode chamar a un número pulsando >
Devolver a chamada.
Para engadir un número do rexistro de chamadas aos contactos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono. A vista de rexistro de chamada aparece na parte
superior da pantalla.
3
Toque e manteña pulsado o número, despois pulse Engadir a Contactos.
4
Pulse o contacto que desexe, ou pulse Crear novo contacto.
5
Edite os detalles do contacto e pulse Feito.