
Sobre os Contactos
Use a aplicación Contactos para almacenar e xestionar todos os seus números,
enderezos de correo electrónico e outros datos de contacto nun mesmo lugar. Só
pulse sobre un contacto para ver todas as comunicacións con ese contacto nun
resumo sinxelo.
Pode engadir contactos novos ao seu teléfono e sincronizalos cos contactos
gardados na súa conta de Google™, Microsoft
®
Exchange ActiveSync
®
, ou cos
doutras contas que admitan a sincronización. A aplicación Contactos crea de xeito
automático novas entradas e tamén lle axuda a atopar datos coincidentes, como
enderezos de correo electrónico, coas entradas xa existentes.
Contactos Descrición xeral da pantalla
1 Pulse nesta icona para crear un contacto
2 Campo de busca do contacto
3 Pulse nun contacto para ver os seus detalles
4 Pulse nunha miniatura do contacto para acceder ao menú de contacto rápido
5 Fichas de accesos directos