
Transferir contactos ao seu novo teléfono
Hai varios xeitos para transferir contactos ao seu novo teléfono. Seleccione o método
de transferencia que mellor se axuste á súa situación.
Transferir contactos usando un PC
Pode usar un PC para transferir contactos desde distintas marcas de teléfono,
incluídos iPhone, Samsung, HTC e Nokia.
Precisa de:
•
Un PC conectado á Internet con Windows
®
•
Un cable USB do seu vello teléfono
44
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

•
Un cable USB do seu novo teléfono Android™
•
O seu vello teléfono
•
O seu novo teléfono Android™
Uso do programa PC Companion para transferir contactos
Se está a transferir contactos usando un ordenador, use o programa PC Companion.
É gratuíto e os ficheiros de instalación xa están gardados no teu novo teléfono. PC
Companion tamén ofrece unha ampla gama doutras funcións, incluída a axuda para
actualizar o software do teléfono.
Para instalar PC Companion
1
Teléfono novo
: Active o seu novo teléfono con Android™ e conécteo a un PC
usando un cable USB.
2
Teléfono novo
: Pulse Instalar para instalar PC Companion no PC.
3
Ordenador
: Se aparece unha ventá emerxente, seleccione
Run Startme.exe.
Na nova ventá emerxente que aparece, faga clic en
Install para iniciar a
instalación e despois siga as instrucións para completar a instalación.
Para transferir contactos ao seu novo teléfono usando PC Companion
1
Asegúrese de que ten instalado PC Companion no seu PC.
2
Abra o programa PC Companion no seu PC, entón faga clic en
Contacts Setup
e siga as instrucións para transferir os seus contactos.
Transferir contactos usando un ordenador Apple® Mac®
Para obter instrucións detalladas sobre como usar un ordenador Apple Mac para
transferir contactos desde o seu vello teléfono, vaia a
Transfer your contacts.
Transferir contactos usando contas de sincronización
O seu teléfono funciona con contas populares de sincronización en liña como Google
Sync™, Microsoft
®
Exchange ActiveSync
®
ou Facebook™. Se ten sincronizados os
contactos no seu vello teléfono ou no seu ordenador cunha conta en liña, pode
transferir os seus contactos ao seu novo teléfono usando esa conta. Para obter máis
información detallada sobre sincronización, consulte Sincronización do seu correo
electrónico corporativo, calendario e contactos
na páxina 99.
Para sincronizar os contactos do seu teléfono cunha conta de sincronización
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse , e entón pulse .
2
Prema , a continuación, pulse Configuración > Contas e sincronización.
3
Para configurar unha conta de sincronización, pulse Engadir conta e siga as
instrucións en pantalla. Se xa configurou unha conta de sincronización e
desexa sincronizar con ela, pulse na conta, prema , e pulse Sincronizar
agora
.
Transferir contactos desde unha tarxeta SIM
Para importar contactos dunha tarxeta SIM
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse , entón pulse .
2
Prema e a continuación pulse Importar contactos > Tarxeta SIM.
3
Se ten configurada unha conta de sincronización, pode escoller engadir os
contactos importados da tarxeta SIM nesa conta. Ou tamén pode escoller usar
só estes contactos no teléfono. Seleccione a opción que desexe.
4
Para importar un só contacto, localice e pulse no contacto. Para importar todos
os contactos, pulse Importar todo.
Transferir contactos desde unha tarxeta de memoria
Para importar contactos desde unha tarxeta de memoria
45
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

1
Desde a Pantalla de inicio, pulse , e logo pulse .
2
Prema e, a continuación, pulse Importar contactos > Tarxeta de memoria.
3
Se ten configurada unha conta de sincronización, pode engadir os contactos
importados da tarxeta de memoria nesa conta. Ou tamén pode escoller usar só
os contactos importados no teléfono. Seleccione a opción que desexe.
4
Se ten máis dun ficheiro vCard na tarxeta de memoria, aparece unha lista na
que se amosan os diferentes lotes de contactos do teléfono coas datas
correspondentes á súa creación. Seleccione o lote que desexa importar.
Recibir contactos doutros dispositivos
Para recibir datos de contacto enviados usando tecnoloxía Bluetooth™
1
Asegúrese de que a función Bluetooth™ estea activada e o seu teléfono estea
axustado en modo visible. Do contrario, non poderá recibir datos doutros
dispositivos.
2
Cando se lle pida que confirme se desexa recibir o ficheiro, pulse Aceptar.
3
Arrastre cara abaixo o panel de notificacións e pulse no ficheiro recibido para
importar os datos de contacto.
Para recibir contactos enviados usando un servizo de mensaxería
1
Cando reciba unha nova mensaxe de texto, mensaxe multimedia, ou mensaxe
de correo electrónico, abra a mensaxe.
2
Os datos de contacto recibidos aparecen como un ficheiro adxunto de vCard.
Pulse, ou toque e manteña premido o ficheiro de vCard para abrir un menú de
xeito que poda gardar os datos de contacto.