Introdución ao correo electrónico
Use a aplicación de correo electrónico no seu teléfono para enviar e recibir correos
electrónicos a través da súa conta de correo electrónico habitual ou da súa conta
corporativa. Ou pode usar ámbalas dúas. O seu teléfono pode xestionar varias contas
de correo electrónico ó mesmo tempo. Pode configurar estas contas para que se
executen nunha caixa de entrada combinada ou en caixas de entrada separadas.
Decátese de que pode acceder aos correos electrónicos que recibe na súa conta de
Gmail™ desde a aplicación de correo electrónico e desde Gmail™.
As súas mensaxes do correo electrónico corporativo Microsoft® Outlook® deben estar
almacenadas nun servidor Microsoft® Exchange para que funcione a funcionalidade descrita
máis arriba. Consulte
Sincronización do seu correo electrónico corporativo, calendario e
contactos
na páxina 99 para obter máis información.
Uso de contas de correo electrónico
Para configurar unha conta de correo no teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse .
3
Insira o seu enderezo de correo electrónico e o contrasinal, despois pulse
Seguinte
.
4
Se non se poden descargar de xeito automático os axustes da conta de correo
electrónico, complete a configuración de xeito manual. Se é necesario, contacte
co seu fornecedor de servizos de correo electrónico para obter os axustes
detallados. Para a configuración do correo electrónico corporativo, seleccione
Exchange Active Sync
no tipo de conta.
5
Cando se lle pida, introduza un nome para a súa conta de correo electrónico de
xeito que sexa facilmente identificable. O mesmo nome se amosa nos correos
electrónicos que envíe desde esta conta. Cando remate, pulse Seguinte.
Pode configurar máis dunha conta de correo electrónico.
Para axustar unha conta de correo electrónico como a súa conta predeterminada
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse .
3
Prema e logo pulse Axustes.
4
Pulse na conta que desexe usar como conta predeterminada para compoñer e
enviar correos electrónicos.
5
Marque a caixa de verificación Conta predeterminada. A caixa de entrada da
conta predeterminada aparece sempre ao abrir a aplicación de correo
electrónico.
Se só ten unha conta de correo electrónico, esta conta convértese de xeito automático na
conta predeterminada.
53
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para engadir unha conta de correo adicional no seu teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse .
3
Prema e logo pulse Axustes.
4
Pulse Engadir conta.
5
Introduza o enderezo de correo electrónico e o contrasinal, despois pulse
Seguinte
.
6
Se non se poden descargar de xeito automático os axustes da conta de correo
electrónico, complete a configuración de xeito manual. Se é necesario, contacte
co seu operador de rede para obter os axustes detallados.
7
Cando se lle pida, introduza un nome para a súa conta de correo electrónico
para que se poida identificar facilmente. Ese mesmo nome amosarase nas
mensaxes de correo electrónico que envíe desde esta conta.
8
Cando remate, pulse Seguinte.
Para eliminar unha conta de correo do seu teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse .
3
Prema e logo pulse Axustes.
4
Pulse a conta que desexe eliminar.
5
Localice e pulse Eliminar conta > Aceptar.
Gmail™ e outros servizos de Google™
Se ten unha conta de Google™, pode usar a aplicación Gmail™ no seu teléfono para
ler, escribir e organizar mensaxes de correo electrónico. Despois de configurar a súa
conta de Google™ para usala no teléfono, tamén pode conversar con amigos usando
a aplicación Google Talk™, sincronizar a aplicación do calendario do seu teléfono co
seu Google Calendar™ e descargar aplicacións e xogos desde Google Play™.
Non todas as redes ou fornecedores de servizos de todas as áreas admiten todas as funcións
e servizos descritos neste capítulo, nin se admiten en tódolos países nin en tódalas rexións.
Para configurar unha conta de Google™ no seu teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Contas e sincronización > Engadir conta >
.
3
Siga as instrucións do asistente de rexistro para crear unha conta de Google™
ou inicie sesión se xa dispón dunha. Agora o teléfono está preparado para ser
empregado con Gmail™, Google Talk™ e Google Calendar™.
Tamén pode iniciar a sesión ou crear unha conta de Google™ desde o asistente de
configuración cando acende o seu teléfono por primeira vez. Ou tamén pode crear unha
conta en liña en
www.google.com/accounts
.
Para abrir a aplicación Gmail™
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse Gmail.
54
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.