
Axustes da Internet e de mensaxería
Para enviar mensaxes de texto e multimedia e para acceder á Internet, cómpre
dispoñer dunha conexión de datos para móbiles 2G/3G e dos axustes correctos.
Existen diferentes modos de obter estes axustes:
•
Na maioría de redes e operadores de teléfonos móbiles, os axustes da Internet e da
mensaxería veñen preinstalados no seu teléfono. Nese caso, poderá comezar a usar
a Internet e a enviar mensaxes directamente.
•
Nalgúns casos disporá da opción de descargar os axustes da Internet e da
mensaxería a primeira vez que acenda o teléfono. Tamén é posible descargar estes
axustes posteriormente no menú Configuración.
•
Pode engadir e cambiar manualmente os axustes da Internet e da rede no seu
teléfono cando o desexe. Póñase en contacto co seu operador de rede para obter
información detallada acerca dos seus axustes da Internet e de mensaxería.
Para descargar axustes da Internet e de mensaxería
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Xperia™ > Axustes da Internet.
Para ver o Nome de punto de acceso (APN) actual
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse Nomes puntos de acc..
Se ten dispoñibles varias conexións, a conexión de rede activa sinálase mediante un botón
marcado.
33
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para configurar manualmente os axustes de APN
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse Nomes puntos de acc. e, a continuación, prema .
4
Pulse Novo APN.
5
Pulse Nome e insira o nome do perfil de rede que desexe crear.
6
Pulse APN e insira o nome do punto de acceso.
7
Insira o resto da información que lle solicite o seu operador de rede.
8
Prema e pulse Gardar .
Contacte co seu operador de rede para obter información detallada sobre os axustes de rede.
Para restablecer a configuración predeterminada da Internet
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse Nomes puntos de acc. e, a continuación, prema .
4
Pulse Restabl. valores predeterm..