
Control do uso de datos
Segue a pista e o control da cantidade de datos transferidos a e desde o seu teléfono
durante un período determinado. Por exemplo, pode establecer advertencias e límites
de uso de datos no seu teléfono para evitar custos adicionais. Tamén pode limitar a
cantidade de datos usados polas aplicacións individuais.
Configurar os axustes de uso de datos pode axudarlle a ter un maior control do uso de datos
pero isto non garante a prevención de custos adicionais.
Para acceder aos axustes do uso de datos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Uso de datos.
Para activar o tráfico de datos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Uso de datos.
3
Se a conexión de rede de datos móbil non está activada, pulse 〇 a carón de
Datos móbiles
de xeito que 〇 cambie a |.
Pode activar o tráfico de datos marcando a caixa de verificación Tráfico de datos en Axustes
> Máis... > Redes móbiles.
Para establecer unha advertencia no uso de datos
1
Asegúrese de que ten activado o tráfico de datos.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse Axustes > Uso de datos.
4
Para axustar o nivel de advertencia, arrastre as liñas ata os valores desexados.
Recibirá unha notificación da advertencia cando a cantidade de tráfico de datos
chegue ao nivel establecido.
Para establecer un límite no uso de datos
1
Asegúrese de que ten activado o tráfico de datos.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse Axustes > Uso de datos.
4
Marque a caixa de verificación Establ. o límite de dat. móbiles se non está xa
marcada, despois pulse Aceptar.
5
Para establecer o límite no uso de datos, arrastre as liñas ata os valores
desexados.
Cando o seu uso de datos chega ao límite establecido, o tráfico de datos do seu teléfono se
desconectará de xeito automático.
34
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para controlar o uso de datos de aplicacións individuais
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Uso de datos.
3
Localice e pulse a aplicación que desexe.
4
Faga os axustes necesarios para cambiar o límite de uso de datos, restrinxir os
datos de fondo ou restrinxir todo o tráfico de datos da aplicación.
5
Para acceder aos axustes máis específicos da aplicación, pulse Ver axustes da
aplicación
e faga os cambios que desexe.
Non sempre se pode acceder aos axustes específicos dunha aplicación.
O rendemento das aplicacións individuais pode verse afectado se cambia os axustes de uso
de datos relacionados.