
Escribir texto
Teclado en pantalla
Pulse as teclas do teclado QWERTY en pantalla para inserir texto comodamente.
Algunhas aplicacións abren automaticamente o teclado en pantalla. Tamén pode abrir
este teclado tocando un campo de texto.
Utilizar o teclado en pantalla
1 Permite cambiar entre maiúsculas i minúsculas e activa o bloqueo de maiúsculas. Nalgúns idiomas,
esta tecla úsase para acceder aos caracteres extra do idioma.
2 Pechar a vista do teclado en pantalla
3 Permite amosar números e símbolos. Toque e manteña para amosar emoticonas.
4 Permite inserir un espazo
5 Permite abrir o menú dos axustes de entrada para cambiar, por exemplo, os Idiomas de escritura.
Esta tecla tamén cambia o idioma de escritura cando está seleccionado máis dun idioma de entrada.
6 Permite inserir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto
7 Permite eliminar un carácter antes do cursor
As ilustracións que figuran no manual só serven para ilustrar o modelo e pode que non
describan con precisión o aspecto real do mesmo.
25
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para amosar o teclado en pantalla para inserir texto
•
Pulse un campo de entrada de texto.
Para ocultar o teclado en pantalla
•
Cando o teclado en pantalla estea aberto, prema .
Para usar o teclado en pantalla en orientación horizontal
•
Cando insira texto, xire o teléfono de lado.
Para que o teclado admita esta característica, a aplicación que estea a usar debe ser
compatible co modo horizontal e o axuste de orientación da pantalla debe estar en
automático.
Para inserir texto usando o teclado en pantalla
•
Para inserir un carácter visible no teclado, pulse o carácter.
•
Para inserir unha variante do carácter, toque e manteña un carácter normal do
teclado para obter unha lista das opcións dispoñibles e, a continuación,
seleccione o carácter que desexe. Por exemplo, para inserir "é", toque e
manteña "e" ata que aparezan outras opcións. A continuación, mentres mantén
o seu dedo premido no teclado, arrástreo ata "é" e seleccione ese carácter.
Para cambiar entre maiúsculas e minúsculas
•
Antes de inserir unha letra, pulse para cambiar a maiúsculas , ou
viceversa.
Para activar o bloqueo de maiúsculas
•
Antes de inserir unha palabra, pulse ou ata que apareza .
Para inserir números ou símbolos
•
Cando insira texto, pulse . Aparece un teclado con números e símbolos.
Pulse para ver máis opcións.
Para introducir os signos de puntuación comúns
1
Cando remate de introducir unha palabra, pulse na barra espazadora.
2
Seleccione un signo de puntuación da barra de opcións. O signo seleccionado
insírese antes do espazo.
Para introducir rapidamente un punto, pulse a barra espazadora dúas veces cando remate de
introducir unha palabra.
Para inserir unha emoticona
1
Cando insira texto, toque e manteña .
2
Seleccione unha emoticona.
Para eliminar caracteres
•
Pulse para colocar o cursor despois do caracter que desexa eliminar, entón
pulse .
Para inserir un retorno de carro
•
Ó inserir texto, pulse para inserir un retorno de carro.
Para seleccionar texto
1
Introduza algún texto, logo pulse e manteña o texto. A palabra que pulse
resáltase con separadores en ambos lados.
2
Prema o separador esquerdo ou dereito para seleccionar máis texto.
26
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para editar texto en orientación vertical
1
Ao inserir texto, toque e manteña premido o campo de texto ata que apareza
unha barra de aplicacións.
2
Seleccione o texto que quere editar e use a barra de aplicacións para realizar
os cambios que desexe.
Para pegar texto do portapapeis, tamén pode manter premido o campo de texto ata que
apareza Pegar e, a continuación, pulsar Pegar.
Barra de aplicacións
1
Cerrar a barra de aplicacións
2
Seleccionar todo o texto
3
Cortar texto
4
Copiar texto
5
Pegar texto
só aparece cando hai texto almacenado no portapapeis.
Usar a función Método de entrada por trazos para escribir palabras
Pode introducir texto desprazando o dedo polas letras no teclado en pantalla. Levante
o dedo ao acabar cada palabra para que o teléfono as recoñeceza.
Método de entrada por trazos só está dispoñible cando use o teclado en pantalla.
Para introducir texto usando a función Método de entrada por trazos
1
Cando utilice o teclado en pantalla para introducir texto, desprace o seu dedo
polas letras para trazar a palabra que desexa escribir. Levante o dedo cando
remate de escribir unha palabra.
2
O teléfono suxire unha palabra de acordo coas letras que trazou. Se é
necesario, seleccione a palabra correcta da barra de opcións. Para ver máis
opcións, desprácese cara á dereita ou á esquerda na barra de palabras
suxeridas. Se non consegue localizar a palabra desexada, pulse unha vez
para eliminar a palabra enteira. Despois tente trazar de novo a palabra usando
Método de entrada por trazos
, ou pulse cada letra para introducir a palabra.
3
Se está activado o axuste Espazo antes de despraz., trace a palabra seguinte
que desexe introducir. Se non, pulse na barra espazadora e trace a seguinte
palabra que desexe introducir.
Para introducir palabras compostas cando está activado o axuste Espazo antes de despraz.,
é posible que precise introducir a primeira parte da palabra e despois pulsar cada letra para
introducir o resto da palabra.
Para cambiar os axustes de Método de entrada por trazos
1
Cando insira texto mediante o teclado en pantalla, pulse . Se ten
seleccionados máis dun idioma de escritura, toque e manteña .
2
Pulse Axustes de entrada de texto.
3
Maque ou desmarque a caixa de verificación Método de entrada por trazos.
4
Se desexa engadir automaticamente un espazo entre xestos sen ter que pulsar
na barra espazadora de cada vez, marque a caixa de verificación Espazo
antes de despraz.
.
27
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Teclado reducido
O teclado reducido é semellante ao teclado estándar de 12 teclas dos móbiles. Este
teclado ofrece texto preditivo e opcións de entrada de varias pulsacións. O método de
entrada de texto con teclado reducido actívase nos axustes do teclado. Este teclado
só está dispoñible en orientación vertical.
Uso do teclado reducido
1 Permite elixir unha opción de entrada de texto
2 Permite cambiar entre maiúsculas i minúsculas e activa o bloqueo de maiúsculas
3 Permite mostrar números
4 Permite mostrar símbolos e emoticonas
5 Permite introducir un espazo
6 Permite abrir o menú dos axustes de entrada para cambiar, por exemplo, os Idiomas de escritura.
Esta tecla tamén cambia o idioma de escritura cando está seleccionado máis dun idioma de entrada.
7 Permite introducir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto
8 Permite eliminar un carácter antes do cursor
As ilustracións que figuran no manual só serven para ilustrar o modelo e pode que non
describan con precisión o aspecto real do mesmo.
Para abrir o teclado reducido por primeira vez
1
Pulse un campo de entrada de texto, logo pulse , ou toque e manteña se
xa ten seleccionado máis dun idioma de entrada.
2
Pulse Deseño do teclado e seleccione unha opción.
Despois de elexir a opción do teclado numérico, pode activar o teclado reducido
simplemente pulsando un campo de entrada de texto.
Para cambiar entre o teclado en pantalla e o teclado reducido
1
Cando introduza texto, pulse , ou toque e manteña se xa ten seleccionado
máis dun idioma de entrada.
2
Pulse Deseño do teclado e seleccione unha opción.
Lembre que o teclado numérico só está dispoñible en orientación vertical.
Para inserir texto usando o teclado reducido
O teclado reducido permite seleccionar entre dúas opcións de entrada:
•
Cando aparece no teclado reducido, pulse cada tecla de carácter só unha vez,
aínda que a letra que precise non sexa a primeira letra da tecla. Pulse a palabra que
aparece ou pulse para ver máis suxestións de palabras e seleccionar unha palabra
da lista.
•
Cando aparece no teclado reducido, pulse a tecla en pantalla para escribir o
carácter que desexa inserir. Manteña premida esta tecla ata que o carácter desexado
28
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

estea seleccionado. Despois faga o mesmo para o carácter que queira escribir a
continuación e así sucesivamente.
Para inserir números usando o teclado reducido
•
Co teclado reducido aberto, pulse . Aparece un teclado reducido con
números.
Para inserir símbolos e emoticonas usando o teclado reducido
1
Co teclado reducido aberto, pulse
. Aparece unha grade con símbolos e
emoticonas.
2
Desprácese cara a arriba ou abaixo para ver máis opcións. Pulse nun símbolo
ou emoticona para seleccionalo.
Axustes dos teclados QWERTY e reducido
Pode seleccionar diversos axustes para o teclado QWERTY en pantalla e o teclado
reducido como, por exemplo, o idioma de escritura e a corrección automática.
Para acceder aos axustes do teclado QWERTY e do teclado reducido
•
Cando insira texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado reducido, pulse
. Se seleccionou máis dun idioma de escritura, toque e manteña .
Para cambiar o idioma de escritura usando o teclado en pantalla ou o teclado
reducido
1
Cando insira texto, pulse , ou toque e manteña se xa ten seleccionado
máis dun idioma de entrada.
2
Pulse Idiomas de escritura e seleccione os idiomas que desexa usar para
escribir.
3
Se seleccionou máis dun idioma de entrada, pulse para cambiar entre os
idiomas de escritura seleccionados.
Para cambiar dun teclado a outro
1
Ao inserir texto, arrastre a barra de estado cara abaixo para abrir o panel de
notificacións.
2
Pulse Seleccionar método de entrada e seleccione unha opción.
Axustes da entrada de texto
Ao inserir texto, pode acceder a un menú de axustes de entrada de texto que lle
axuda a definir as opcións para a predición do texto. Por exemplo, pode decidir como
desexa que o teléfono lle presente as alternativas dunha palabra e corrixa as palabras
mentres escribe, ou pode activar a aplicación de entrada de texto para lembrar as
novas palabras que escribe.
Para cambiar os axustes de entrada de texto
1
Cando insira texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado reducido, pulse
ou toque e manteña .
2
Pulse Axustes de entrada de texto.
3
Seleccione os axustes que desexe.