
Estado e notificacións
A barra de estado na parte superior da súa pantalla amosa o que está a suceder no
seu teléfono. Na parte esquerda aparecerán as notificacións cando haxa algo novo ou
en curso. Por exemplo, as novas mensaxes e as notificacións do calendario
aparecerán aquí. Na parte dereita amósase a cobertura, o estado da batería e outra
información.
A barra de estado permítelle axustar axustes básicos no seu teléfono, por exemplo,
Wi-Fi®, Bluetooth™, tráfico de datos e son. Tamén pode abrir o menú de axustes
desde o panel de notificacións para cambiar outros axustes.
A luz de notificacións tamén lle ofrece información sobre o estado da batería e
algunhas notificacións. Por exemplo, unha luz azul pestanexando significa que hai
unha nova mensaxe ou unha chamada perdida. É posible que a luz de notificacións
non funcione se o nivel de batería é baixo.
Comprobar notificacións e actividades en curso
Pode arrastrar cara abaixo a barra de estado para abrir o panel Notificacións e obter
máis información. Por exemplo, pode usar o panel para abrir unha nova mensaxe ou
ver un evento do calendario. Tamén pode abrir algunhas aplicacións que se atopan
en execución en segundo plano, como o reprodutor de música.
23
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para abrir o panel de notificacións
•
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
Para pechar o panel de notificacións
•
Arrastre a ficha da parte inferior do panel de notificación cara arriba.
Para abrir unha aplicación en execución desde o panel de notificacións
•
Pulse a icona da aplicación en execución para abrila.
Para descartar unha notificación do panel de notificacións
•
Poña o dedo sobre unha notificación e toque lixeiramente cara á esquerda ou á
dereita.
Para borrar o panel de notificacións
•
Desde o panel de notificacións pulse Borrar.
Axustar o seu teléfono desde o panel de notificacións
Pode abrir o menú de axustes desde o panel de notificacións para configurar os
axustes básicos do teléfono. Por exemplo, pode activar o Wi-Fi®.
Para abrir o menú de axustes do teléfono desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
24
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para axustar axustes de son desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
Para controlar a función Bluetooth™ desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
Para controlar a función Wi-Fi® desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
Para activar ou desactivar o tráfico de datos desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .