
Uso da pantalla táctil
No momento da compra do teléfono, a pantalla ten pegada unha lámina plástica
protectora. É necesario que extraia esta lámina antes de usar a pantalla táctil. Do
contrario, é posible que a pantalla táctil non funcione correctamente.
Cando o seu teléfono está acendido e permanece inactivo durante un período de
tempo establecido, a pantalla escurécese para aforrar batería e bloquéase de xeito
automático. Este bloqueo evita accións non desexadas na pantalla táctil cando non
está a usala. Tamén pode axustar bloqueos personais para protexer a súa
subscrición e asegurarse de que só vostede pode acceder ó contido do seu teléfono.
A pantalla do seu teléfono está feita de cristal. Non toque a pantalla se o cristal está
esnaquizado ou crebado. Evite tentar reparar vostede mesmo a pantalla. As pantallas de
cristal son sensibles ás caídas e ós golpes mecánicos. O servizo de garantía de Sony non
cubre os casos de neglixencia.
Para abrir ou resaltar un elemento
•
Pulse o elemento.
16
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Marcar opcións
Caixa de verificación marcada
Caixa de verificación desmarcada
Opción de lista marcada
Opción de lista desmarcada
Para marcar ou desmarcar opcións
•
Pulse na caixa de verificación ou opción da lista correspondente.
Utilizar o zoom
As opcións de zoom dispoñibles dependen da aplicación que estea a empregar.
Para aplicar o zoom
•
Cando estean dispoñibles, pulse
ou
para ampliar ou reducir.
É posible que deba arrastrar a pantalla (en calquera dirección) para que aparezan as iconas de
zoom.
Para usar o zoom con dous dedos
•
Coloque dous dedos na pantalla á vez e xúnteos (para reducir o zoom) ou
sepáreos (para aumentar o zoom).
Use a función zoom ó ver fotos e mapas, ou cando navegue pola web.
Desprazamento
Desprácese co movemento arriba e abaixo do seu dedo na pantalla. Nalgunhas
páxinas web tamén pode desprazarse cara os lados.
Ó arrastrar ou tocar lixeiramente a pantalla non se activará ningún elemento da mesma.
17
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para desprazarse
•
Arrastre ou toque lixeiramente co dedo na dirección que desexe para
desprazarse pola pantalla.
Para desprazarse con maior rapidez, toque lixeiramente co seu dedo na dirección na que
desexe ir na pantalla.
Para tocar lixeiramente
•
Para desprazarse con maior rapidez, toque lixeiramente co seu dedo na
dirección na que desexe ir na pantalla. Pode agardar a que o movemento de
desprazamento se deteña por si mesmo, ou pode detelo inmediatamente
pulsando a pantalla.
Sensores
O teu dispositivo ten sensores que detectan a proximidade. O sensor de proximidade
desactiva a pantalla táctil durante as chamadas de voz cando a súa orella está preto
da pantalla. Deste xeito, evítase que active outras funcións do dispositivo por
accidente mentres mantén unha chamada.