Descargar de Google Play™
Pode descargar calquera tipo de aplicación de Google Play™, mesmo aplicacións de
balde.
Antes de descargar aplicacións
Antes de efectuar descargas de Google Play™, asegúrese de dispoñer dunha
conexión á Internet operativa.
Lembre tamén que poden aplicarse custos polo tráfico de datos ao descargar contido
ao teléfono. Contacte co seu operador para obter máis información.
Para descargar unha aplicación gratuíta
1
En Google Play™, localice un elemento que desexe descargar navegando
polas categorías ou usando a función de procura.
2
Pulse o elemento para ver os seus detalles e siga as instrucións para completar
a instalación.
3
Se a aplicación que quere descargar require acceso aos seus datos ou precisa
controlar algunhas das funcións do seu teléfono, aparecerá unha pantalla
adicional con detalles. Lea atentamente esta pantalla xa que a funcionalidade
do seu teléfono podería verse afectada se continúa coa descarga. Pulse
Aceptar
se está de acordo ou Cancelar se desexa cancelar a descarga.
Para descargar unha aplicación de pago
1
En Google Play™, localice un elemento que desexe descargar navegando
polas categorías ou usando a función de procura.
2
Pulse o elemento para ver os seus detalles e siga as instrucións que aparecen
no teléfono para completar a compra.
3
Se a aplicación que quere descargar require acceso aos seus datos ou precisa
controlar algunhas das funcións do seu teléfono, aparecerá unha pantalla
adicional con detalles. Lea atentamente esta pantalla xa que a funcionalidade
do seu teléfono podería verse afectada se continúa coa descarga. Pulse
Aceptar
se está de acordo ou Cancelar se desexa cancelar a descarga.
Para abrir unha aplicación descargada
1
Prema Google Play™, prema e logo pulse My Apps.
2
Pulse a aplicación descargada.
Tamén pode acceder ás aplicacións descargadas desde a pantalla de aplicacións.
37
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.