Sony Xperia E - Instalar aplicacións que non son de Google Play™‎

background image

Instalar aplicacións que non son de Google Play™

A instalación de aplicacións de orixe descoñecida ou pouco fiable pode danar o seu

teléfono. O teléfono está establecido de xeito predeterminado para bloquear

devanditas aplicacións. Non obstante, pode cambiar este axuste para permitir

instalacións desde orixes descoñecidas.

Sony non garante o funcionamento de aplicacións procedentes de terceiras partes nin do

contido transferido ao seu teléfono mediante descarga ou outra interface. Así mesmo, Sony

non se fai responsable dos danos nin dunha diminución no rendemento do teléfono atribuíbles

á transferencia de contidos de terceiras partes. Utilice unicamente contido de fontes fiables.

Se ten calquera dúbida ou pregunta, póñase en contacto co fornecedor do contido.

Para permitir a instalación de aplicacións que non proveñen de Google Play™

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Configuración > Seguridade.

3

Marque a caixa de verificación Fontes descoñecidas.

38

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.