
Información legal
SonyC1505/C1504
Esta guía do usuario está publicada por Sony Mobile Communications AB ou a súa compañía local asociada,
sen ofrecer ningún tipo de garantía. Debido a erros tipográficos, inexactitudes na información presentada ou
melloras nos programas e/ou equipos, Sony Mobile Communications AB pode levar a cabo melloras e cambios
nesta guía do usuario en calquera momento e sen previo aviso. Sen embargo, os cambios serán incorporados
en novas edicións desta guía do usuario.
©Sony Mobile Communications AB, 2012.
Todos os dereitos reservados.
O seu teléfono móbil ten a capacidade de descargar, almacenar e reenviar contido adicional como, por
exemplo, tons de chamada. O uso dese contido pode estar restrinxido ou prohibido por dereitos de terceiras
partes, incluída, pero sen limitarse a ela, a restrición de acordo coas leis de dereitos de autor aplicables.
Vostede, e non Sony, será o responsable dos contidos adicionais descargados ou reenviados dende o seu
teléfono móbil. Antes de utilizar calquera contido adicional, verifique que o uso que ten previsto efectuar está
autorizado ou que dispón de licenza para este. Sony non garante a precisión, integridade ou calidade dos
contidos adicionais ou de terceiras partes. Sony non se fará responsable baixo ningunha circunstancia do uso
non axeitado de contido adicional ou de terceiras partes.
Esta guía do usuario pode facer referencia a aplicacións ou servizos fornecidos por terceiras partes. O uso
destes programas ou servizos pode requirir un rexistro independente co fornecedor que constitúe a terceira
parte e pode estar regulado por termos de uso adicionais. Con relación ás aplicacións ás que se accede
directamente nunha páxina web de terceiros ou por medio dela, consulte previamente os termos de uso e a
política de privacidade do sitio web en cuestión. Sony non garante a dispoñibilidade nin o funcionamento de
ningún sitio web de terceiras partes nin dos servizos fornecidos.
Extraia a batería para ver información normativa como a marca CE.
Todos os nomes de produtos e empresas aquí mencionados son marcas comerciais ou marcas comerciais
rexistradas dos seus respectivos propietarios. Os dereitos non concedidos de xeito expreso neste manual están
reservados. O resto de marcas comerciais pertencen aos seus respectivos propietarios.
Visite
www.sonymobile.com para obter máis información.
As ilustracións que figuran no manual só serven para ilustrar o modelo e pode que non describan con precisión
o aspecto real do mesmo.
Este produto está protexido por determinados dereitos de propiedade intelectual de Microsoft. Queda prohibido
o uso ou distribución da mencionada tecnoloxía fóra deste produto sen licenza previa por parte de Microsoft.
Os propietarios do contido utilizan a tecnoloxía de xestión de dereitos dixitais de Windows Media (WMDRM)
para protexer a súa propiedade intelectual, incluíndo dereitos de autor. Este dispositivo utiliza software
WMDRM para acceder a contido protexido mediante WMDRM. Se o software WMDRM non logra protexer o
contido, os propietarios do contido poden pedirlle a Microsoft que revogue a capacidade do software para
utilizar WMDRM para reproducir ou copiar contido protexido. A revogación non afecta a contido non protexido.
Cando descarga licenzas do contido protexido, acepta que Microsoft pode incluír unha lista de revogacións
coas licenzas. É posible que os propietarios do contido requiran que actualice o WMDRM para acceder ao seu
contido. Se rexeita unha actualización, non poderá acceder ao contido que require a actualización.
Este produto autorízase baixo as licenzas da carteira de patentes MPEG-4 visual e AVC para uso persoal e
non comercial dun consumidor para (i) codificar vídeo de acordo co estándar visual MPEG-4 ("vídeo MPEG-4")
ou o estándar AVC ("vídeo AVC") ou (ii) descodificar vídeo de formato MPEG- 4 ou AVC codificado por un
consumidor nunha actividade persoal e non comercial ou que se obtivo dun fornecedor de vídeos con licenza
de MPEG LA para fornecer vídeo MPEG-4 ou AVC. Non se concede ningunha licenza nin debe interpretarse
implícita para calquera outro uso. Pódese obter información adicional, incluíndo a relacionada con usos
publicitarios, internos, comerciais e de licenza, de MPEG LA, L.L.C. Consulte http://www.mpegla.com.
Tecnoloxía de descodificación de son MPEG Layer-3 con licenza de Fraunhofer IIS e Thomson.
116
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.