
Google Maps™
Localice a súa localización actual, vexa as situacións de tráfico en tempo real e reciba
direccións detalladas para chegar ó seu destino. Antes de facer unha viaxe, pode
102
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

descargar e gardar mapas na súa tarxeta de memoria para evitar os altos custos na
itinerancia.
A aplicación Google Maps™ require unha o uso dunha conexión á Internet. A conexión á
Internet desde o seu teléfono pode implicar custos pola transmisión de datos. Contacte co
seu operador de rede para obter máis información. É posible que a aplicación Google Maps™
non estea dispoñible en todos os mercados, países ou rexións.
Para usar Google Maps™
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Mapas.
Se desexa usar Google Maps™, active polo menos un dos xeitos de localización dispoñibles
en Axustes > Servizos de localización.
Para obter máis información sobre Google Maps™
•
Cando use Google Maps™, prema e Axuda.
Visualización das localizacións dos seus amigos con Google
Latitude™
Únase a Google Latitude™ para ver as localizacións dos seus amigos nos mapas e
compartir a súa propia localización e outra información con eles.