
Descargar desde a Internet
É posible descargar aplicacións e contidos mentres navega pola Internet mediante o
navegador web do teléfono. Normalmente, terá que tocar unha ligazón de descarga
para o ficheiro desexado e a descarga iniciarase automaticamente.
Para ver os ficheiros descargados
1
Asegúrese de que ten inserida unha tarxeta de memoria no seu teléfono antes
de ver ficheiros anteriormente descargados (na tarxeta).
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse Descargas.
Para cancelar unha descarga en curso
1
Cando o seu teléfono inicie a descarga dun ficheiro, arrastre cara abaixo a
barra de estado e pulse no ficheiro que está a descargar.
2
Marque a caixa de verificación situada a carón do ficheiro de descarga que
desexa cancelar.
3
Pulse .