Manexo de texto e imaxes
Para encontrar texto nunha páxina web
1
Cando visualice unha páxina web, prema .
2
Pulse Buscar na páxina.
3
Insira o seu texto de procura. Os caracteres que coincidan coa súa busca
resaltaranse na páxina web.
4
Pulse as frechas cara a arriba ou abaixo para dirixirse ao elemento resaltado
anterior ou seguinte.
5
Prema para cerrar a barra de procura.
Para copiar texto dunha páxina web
1
Toque e manteña a parte do texto que desexe copiar ata que apareza
resaltada. A cada extremo do texto seleccionado aparece un separador.
Arrastre os separadores para seleccionar todo o texto que desexe copiar.
2
Pulse e logo Copiar.
3
Para pegar texto nun correo electrónico ou nunha mensaxe de texto ou
multimedia, toque e manteña o campo de texto da aplicación pertinente e pulse
Pegar
no menú que aparece.
Se o texto que desexa copiar forma parte dunha ligazón a outra páxina web, aparecerá un
menú no que deberá pulsar Seleccionar texto antes de poder continuar.
Para gardar unha imaxe dunha páxina web
1
Na páxina web activa, toque e manteña premida a imaxe que desexe ata que
apareza un menú.
2
Pulse Gardar imaxe.
Se non está dispoñible a tarxeta de memoria, non poderá gardar a imaxe.