Navegar por páxinas web
Para seleccionar unha ligazón
•
Para seleccionar unha ligazón nunha páxina web, pulse a ligazón. A ligazón
seleccionada aparece destacada e a páxina web comeza a cargarse cando
levanta o dedo.
Se selecciona unha ligazón por erro antes de levantar o dedo, pode arrastrar o dedo fóra da
ligazón para cancelar a selección.
Para dirixirse á páxina anterior durante a navegación
•
Prema .
Para ampliar ou reducir unha páxina web
Use un dos seguintes métodos para aumentar ou reducir o zoom nunha páxina web:
•
Pulse dúas veces para ampliar a imaxe na páxina web ou pulse dúas veces de
novo para reducila.
•
Toque unha área da páxina con dous dedos á vez e sepáreos para ampliar ou
xúnteos para reducir.
Para volver cargar a páxina web actual
•
Prema e logo pulse Actualizar.
Para gardar unha páxina web para vela fóra de liña
1
Unha vez cargada a páxina web, prema .
2
Pulse Gard. para a lec. fóra de liña. Será dirixido ao separador Páxinas
gardadas
, onde poderá ver todas as páxinas web gardadas.
Se non está dispoñible a tarxeta de memoria, non poderá gardar a páxina web.
Para ver unha páxina web previamente gardada
1
Cando o navegador está aberto, toque lixeiramente cara abaixo na pantalla
para facer que se mostre a barra de procura e enderezos.
2
Prema a carón da barra de procura e enderezos.
3
Pulse e, a continuación, pulse o separador Páxinas gardadas.
4
Localice e seleccione a páxina web que queira ver.
Para cargar a versión activa dunha páxina web fóra de liña
1
Cando estea aberta unha páxina web fóra de liña, prema .
2
Pulse Ir á versión actual.
Para solicitar a versión de escritorio dunha páxina web
1
Mentres examina a páxina web, prema .
2
Pulse Solicitar sitio de escritor..
Se selecciona ver a versión para escritorio dunha páxina web nunha ventá, as páxinas web
que visualice despois nesa ventá mostraranse tamén na versión para escritorio. Pulse Solicitar
sitio de escritor. de novo para cambiar outra vez o axuste.
Para compartir unha ligazón á páxina web actual
1
Mentres navega, prema .
2
Pulse Compartir páxina.
3
Seleccione un método de transferencia dispoñible e siga as instrucións en
pantalla.
85
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para cerrar unha ventá do navegador
1
Cando o navegador está aberto, toque lixeiramente cara abaixo na pantalla
para facer que se mostre a barra de procura e enderezos.
2
Prema a carón da barra de procura e enderezos. Aparece unha lista de
todas as ventás abertas.
3
Pulse na ventá que quere cerrar ou toque lixeiramente a ventá cara á
esquerda ou á dereita da pantalla para cerrala.