Acender e apagar o teléfono
Para acender o teléfono
1
Manteña premida a tecla de acendido situada na parte dereita do teléfono
ata que vibre.
2
Se a pantalla escurece, prema brevemente a tecla de acendido para activar
a pantalla.
3
Para desbloquear a pantalla, arrastre cara á dereita pola pantalla.
4
Introduza o PIN da súa tarxeta SIM cando se lle solicite, e seleccione Aceptar.
5
Espere un intre para que o teléfono se acenda.
O PIN da súa tarxeta SIM fornéceo inicialmente o seu operador de rede, pero pode cambialo
máis tarde desde o menú Configuración. Para corrixir un erro ao introducir o PIN da tarxeta
SIM, pulse
.
Para apagar o teléfono
1
Manteña premida a tecla de acendido ata que se abra o menú de opcións.
2
No menú de opcións pulse Apagar.
3
Pulse Aceptar.
O teléfono pode tardar un anaco en apagarse.