Contas e servizos
Inicie a sesión nas súas contas de servizos en liña desde o seu teléfono e benefíciese
dunha ampla gama de servizos Combine servizos e obteña máis de cada un de eles.
Por exemplo, reúna contactos das súas contas de Google™ e Facebook™ e
intégreos na súa axenda de xeito que teña todo nun mesmo lugar.
Pode rexistrarse en servizos en liña desde o seu teléfono do mesmo xeito que desde
o ordenador. Ó rexistrarse por primeira vez créase unha conta co seu nome de
usuario, contrasinal, axustes e información persoal. Á seguinte vez que inicie a
sesión, terá una vista personalizada.
Conta de Google™
Ter unha conta de Google™ é imprescindible para usar diferentes aplicacións e
servizos no seu teléfono Android. Cómpre ter unha conta de Google™, por exemplo,
para usar a aplicación Gmail™ no seu teléfono, para conversar cos seus amigos
usando Google Talk™, para sincronizar o calendario do seu teléfono co seu Google
Calendar™ e para descargar aplicacións e xogos, música, películas e libros desde
Google Play™.
Conta Exchange ActiveSync
®
de Microsoft
®
Sincronice o seu teléfono coa súa conta corporativa Exchange ActiveSync
®
de
Microsoft
®
. Deste xeito, leva sempre consigo o correo electrónico, os contactos e os
eventos do calendario do seu traballo.
Conta Facebook™
Facebook™ é un servizo de rede social que lle conecta con amigos, familia e colegas
de todo o mundo. Configure Facebook para que funcione no seu teléfono e así poder
seguir en contacto desde calquera lugar.
12
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Conta de SyncML™
Sincronice o seu teléfono cun servidor da Internet mediante SyncML™. Vexa e
xestione contactos, eventos do calendario e marcadores desde o seu teléfono do
mesmo xeito sinxelo que se estivera nun ordenador.
13
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.