Que é Android™?
O seu smartphone Xperia de Sony emprega a plataforma Android. Os teléfonos
Android poden levar a cabo moitas das mesmas funcións ca un ordenador e vostede
pode personalizalos segundo as súas necesidades. Por exemplo, pode engadir e
eliminar aplicacións, ou modificalas para mellorar a súa funcionalidade. En Google
Play™ pode descargar unha ampla gama de aplicacións e xogos dunha colección en
constante crecemento. Tamén pode integrar as aplicacións do seu teléfono Android™
con outras aplicacións e cos servizos en liña que utilice. Por exemplo, pode efectuar
unha copia de seguridade dos contactos do seu teléfono, acceder ás súas diferentes
contas de correo e calendarios desde un mesmo lugar, realizar o seguimento das
súas citas e participar nas redes sociais.
Os teléfonos Android™ evolucionan constantemente. Cando está dispoñible unha
nova versión do software e o seu teléfono o soporta, pode actualizar o seu teléfono
para obter novas características e as últimas melloras.
O seu teléfono Android™ ten precargados servizos Google™. Para sacar o máximo partido
dos servizos Google™ proporcionados, debe ter unha conta de Google™ e iniciar a sesión
nela cando inicie o seu teléfono por primeira vez. Tamén é necesario dispoñer de acceso á
Internet para usar moitas das características de Android™.
É posible que as novas publicacións de software non sexan compatibles con todos os
teléfonos.