Sony Xperia E - Sobre o uso da radio FM

background image

Sobre o uso da radio FM

A radio FM do seu teléfono funciona como calquera outra radio FM. Por exemplo,

pode buscar e escoitar emisoras de radio FM e gardalas entre as favoritas. Debe

conectar un equipo auricular con cable ou uns mans libres ao teléfono para poder

usar a radio. Isto débese a que o equipo auricular ou o mans libres funcionan como

antena. Despois de conectar un destes dispositivos, pode cambiar o son da radio ao

altofalante do teléfono, se o desexa.

Ao abrir a radio FM aparecen automaticamente as emisoras dispoñibles. Se unha emisora ten

información RDS, aparece uns segundos despois de empezar a escoitar a emisora.

Para iniciar a radio FM

1

Conecte un equipo auricular con cable ou uns mans libres ao teléfono.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse Radio FM . As emisoras dispoñibles aparecen segundo

avanza pola banda de frecuencia.

Ao iniciar a radio FM aparecen automaticamente as emisoras dispoñibles. Se unha emisora

ten información RDS, aparece uns segundos despois de empezar a escoitar a emisora.

Desprazarse entre emisoras de radio

Pode desprazarse entre emisoras de radio nunha banda de frecuencia das seguintes

formas:

Tocando lixeiramente cara arriba e abaixo.

Arrastrando.

Pulsando unha emisora ou, se está dispoñible, a información RDS (identificación da

emisora).

Descrición xeral da radio FM

1

Permite subir ata o favorito anterior (dispoñible cando hai favoritos gardados)

2

A frecuencia sintonizada

3

Gardar ou eliminar unha emisora dos favoritos

4

Baixar ata o seguinte favorito (dispoñible cando hai favoritos gardados)

5

Unha emisora gardada como favorita

6

Tecla de acender/apagar a radio

66

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

7

Información RDS (Sistema de datos de radio) (non está dispoñible en todos os países nin en todas

as rexións)

8

Abrir a aplicación TrackID™