
Uso das súas emisoras de radio favoritas
Pode gardar como favoritas as emisoras que escoita con maior frecuencia. Utilizando
as emisoras favoritas pode volver rapidamente a unha emisora.
Para gardar unha emisora entre os favoritos
1
Cando estea aberta a radio, desprácese ata a emisora que desexa gardar entre
os favoritos.
2
Pulse .
Para eliminar unha emisora dos favoritos
1
Cando estea aberta a radio, desprácese ata a emisora que desexa eliminar dos
favoritos.
2
Pulse .
Para desprazarse entre as emisoras favoritas
•
Cando a radio estea aberta, pulse ou .
Para desprazarse entre os seus favoritos, debe gardar como mínimo dúas emisoras como
favoritas.
Facer unha nova procura de emisoras de radio
Se se moveu a unha nova localización ou mellorou a recepción na súa localización
actual, pode iniciar unha nova busca de emisoras de radio.
A nova procura non afectará aos favoritos que teña gardados.
Para iniciar unha nova procura de canles de radio
1
Cando a radio estea aberta, prema .
2
Pulse Buscar canles. A radio buscará en toda a banda de frecuencia e
amosaranse tódalas canles dispoñibles.