Sony Xperia E - Descrición xeral dos axustes do teléfono

background image

Descrición xeral dos axustes do teléfono

Coñeza os axustes do seu teléfono de xeito que poida personalizalos segundo as

súas necesidades.

rede sen fíos

Permite activar ou desactivar a conexión Wi-Fi®, buscar redes

Wi-Fi® dispoñibles ou engadir a rede Wi-Fi®.

Bluetooth

Permite activar ou desactivar a conexión por Bluetooth™,

buscar dispositivos Bluetooth™ dispoñibles e facer que o

teléfono sexa visible ou non visible para outros dispositivos

Bluetooth™.

Uso de datos

Permite activar ou desactivar o tráfico de datos móbiles e

seguir os detalles de uso de datos nun período de tempo

específico.

Máis...

Permite activar ou desactivar o modo Avión, configurar os

axustes de redes VPN e móbiles e activar o teléfono para

compartir a súa conexión de datos móbiles como punto de

conexión Wi-Fi® portátil ou usando o móbil como ancoraxe do

USB ou Bluetooth™.

Axustes de

chamada

Permite xestionar e configurar os axustes de números de

marcación fixa, correo de voz e chamadas da Internet.

Son

Permite configurar o xeito en que o teléfono soa, vibra e emite

alertas ao recibir comunicacións. Tamén pode usar estes

axustes para establecer o volume da música, do vídeo, dos

xogos ou doutros ficheiros multimedia con son e fixar outros

axustes relacionados.

Pantalla

Permite activar a pantalla do teléfono para cambiar a

orientación ao xirar o teléfono. Tamén pode axustar o brillo, o

tamaño da fonte, o fondo e o tempo de espera da pantalla.

Almacenamento

Permite comprobar o espazo libre dispoñible no

almacenamento interno do seu teléfono e na tarxeta SD.

Tamén pode eliminar o contido da tarxeta SD ou detela para

extraela de xeito seguro.

Batería

Permite ver o estado da batería do teléfono. Tamén pode ver

canto tempo dura a batería do teléfono e como consomen

enerxía da batería as diferentes aplicacións.

Aplicacións

Permite xestionar aplicacións en execución, aplicacións

descargadas e aplicacións na tarxeta SD.

Xperia™

Permite configurar o modo de conexión USB, o tipo de

conexión de rede e os axustes da Internet. Tamén cómpre

activar as características de Facebook nas aplicacións.

Contas e

sincronización

Permite activar o teléfono para sincronizar datos coas contas

de sincronización que engada.

Servizos de

localización

Permite activar ou desactivar o servizo de localización de

Google, os satélites GPS e Localización e Busca Google.

Seguridade

Permite protexer o teléfono axustando diferentes bloqueos e

contrasinais. Tamén pode permitir a instalación de aplicacións

que non sexan de Google Play™.

112

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Idioma e entrada

Permite seleccionar o idioma do teléfono, axustar as opcións

de entrada de texto, engadir palabras a un dicionario persoal e

configurar os axustes de voz.

Copia de seg. e

restabl.

Permite efectuar copias de seguridade dos datos e restablecer

o teléfono.

Data e hora

Permite axustar a hora e a data ou escoller os valores

fornecidos pola rede. Permite seleccionar o formato de data e

hora que prefira.

Accesibilidade

Permite activar os servizos de accesibilidade instalados e

establecer os axustes relacionados.

Opcións para quen

desenvolva

Permite establecer opcións para o desenvolvemento de

aplicacións. Por exemplo, pode amosar o uso da CPU na

pantalla do teléfono e respostas visuais aos toques. Tamén

pode axustar o teléfono para iniciar o modo de depuración

cando está conectado o USB.

Verbo do teléfono

Permite ver información sobre o teléfono, como o número de

modelo, a versión do firmware, o número e o sinal do teléfono.

Tamén pode actualizar o software á versión máis recente.