
Sincronización con Google™
Sincronice o seu teléfono cos seus contactos de Gmail™, Google Calendar™ e
Google™, os seus marcadores de Google™ Chrome e os datos doutros servizos de
Google que utilice. Véxaos e xestióneos do mesmo xeito sinxelo que se estivera nun
ordenador.
Despois de sincronizar, atopará Gmail™ na aplicación Gmail™, Google Calendar™
na aplicación Calendario, os contactos de Google™ na aplicación Contactos e outros
datos nas aplicacións correspondentes de Google que instalara.
Para configurar unha conta Google™ no teléfono para sincronización automática
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Configuración > Contas e sincronización.
3
Asegúrese de que a sincronización está activada de forma que as aplicacións
poidan sincronizar os datos automaticamente.
4
Pulse Engadir conta > Google.
5
Siga as instrucións do asistente de rexistro para crear unha conta de Google™
ou inicie sesión se xa dispón dunha.
6
Pulse Seguinte.
7
Pulse na conta de Google™ que acaba de crear, e a continuación pulse nos
elementos que desexe sincronizar.
Para sincronizar de xeito manual coa súa conta Google™
1
Na Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Configuración > Contas e sincronización.
3
Pulse na conta Google™ que desexe sincronizar.
4
Prema e logo pulse Sincronizar agora.
Para sincronizar o seu navegador con Google™ Chrome
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Configuración > Contas e sincronización.
3
Pulse a conta de Google™ e, a continuación, marque a caixa de verificación
correspondente para sincronizar o navegador.
Para eliminar unha conta de Google™ do teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Configuración > Contas e sincronización.
3
Pulse na conta de Google™ que desexe eliminar da lista de contas.
4
Prema e logo pulse Eliminar conta.
5
Pulse Eliminar conta de novo para confirmar.
98
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.