Sony Xperia E - Sincronización do seu correo electrónico corporativo, calendario e contactos

background image

Sincronización do seu correo electrónico corporativo,

calendario e contactos

Acceda as súas mensaxes do correo electrónico corporativo, citas do calendario e

contactos corporativos directamente desde o seu teléfono. Véxaas e xestióneas do

mesmo xeito que faría cun ordenador. Cando finalice os axustes, poderá localizar a

súa información nas aplicacións Correo electrónico, Calendario e Contactos.

Para poder acceder á funcionalidade arrriba descrita, a súa información corporativa debe estar

almacenada nun servidor de Microsoft® Exchange.

Para configurar unha conta de correo, un calendario e contactos corporativos no

seu teléfono

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse Configuración > Contas e sincronización.

3

Asegúrese de que a sincronización está activada para que os datos se

sincronicen automaticamente segundo o intervalo de sincronización que

estableza.

4

Pulse Engadir conta > Corporativo.

5

Introduza o seu enderezo de correo electrónico corporativo e o contrasinal.

6

Pulse Seguinte. O teléfono comeza a recuperar a información da conta. Se se

produce un erro, póñase en contacto co administrador da súa rede corporativa

para obter máis información, como o nome de dominio e o enderezo do

servidor de Exchange.

7

Pulse Aceptar para permitir que o seu servidor corporativo controle o teléfono.

8

Seleccione os datos que quere sincronizar co teléfono, como os contactos e as

entradas do calendario.

9

Se o desexa, active o administrador de dispositivos para permitir que o seu

servidor corporativo poida controlar determinadas características de seguridade

do seu teléfono. Por exemplo, pode permitir que o servidor corporativo

estableza as normas de contrasinais e a encriptación do almacenamento.

10

Cando a configuración estea preparada, insira un nome para esta conta

corporativa de xeito que se poida identificar facilmente.

Para editar a configuración do correo electrónico, calendario e contactos

corporativos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse Configuración > Contas e sincronización e seleccione a súa conta

corporativa.

3

Pulse Configuración da conta e a conta corporativa que desexe editar.

4

Cambie os axustes que desexe.

Para axustar un intervalo de sincronización para unha conta corporativa

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse Configuración > Contas e sincronización e seleccione a súa conta

corporativa.

3

Pulse Configuración da conta e a conta corporativa na que quere axustar un

nivel de sincronización.

4

Pulse Frec. comprob. caixa de entrada e seleccione unha opción de intervalo.

Para eliminar unha conta corporativa do seu teléfono

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse Configuración > Contas e sincronización e, a continuación, pulse a súa

conta corporativa.

3

Prema e logo pulse Eliminar conta.

4

Pulse Eliminar conta de novo para confirmar.