Sincronización mediante SyncML™
Sincronice o seu teléfono cun servidor da Internet mediante SyncML™. Vexa e
xestione os contactos, o calendario e os marcadores desde o teléfono do mesmo
xeito sinxelo que se estivera nun ordenador.
Para configurar unha conta de SyncML™ no teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Configuración > Contas e sincronización.
3
Asegúrese de que a sincronización está activada para que os datos se
sincronicen automaticamente segundo o intervalo que estableza.
4
Pulse Engadir conta > SyncML.
5
Pulse os campos de conta, enderezo de servidor, nome de usuario e
contrasinal, e insira a información requirida.
6
Pulse Intervalo de sincroniz. e seleccione a frecuencia coa que desexa que o
teléfono se sincronice automaticamente.
7
Pulse un elemento que queira sincronizar como, por exemplo, contactos. A
continuación introduza o enderezo do servidor, o nome de usuario e o
contrasinal. Repita este paso con todos os elementos que desexe sincronizar.
8
Cando remate, pulse Listo.
Contacte co seu operador de rede de SyncML™ para obter máis información sobre os
axustes da súa conta.
100
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para sincronizar manualmente coa súa conta de SyncML™
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Configuración > Contas e sincronización.
3
Pulse a conta de SyncML™ que desexe sincronizar.
4
Prema e logo pulse Sincronizar agora.
Para establecer un intervalo de sincronización
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Configuración > Contas e sincronización, despois pulse na conta
SyncML™.
3
Pulse Configuración da conta.
4
Pulse Intervalo de sincroniz. e seleccione unha opción de intervalo.
Para eliminar unha conta de SyncML™ do teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Configuración > Contas e sincronización, despois pulse na conta
SyncML™.
3
Prema e logo pulse Eliminar conta.
4
Pulse Eliminar conta de novo para confirmar.
101
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.